Sábado. 04.07.2020
El tiempo

O cartel pola igualdade do IES Agra de Raíces recibe o primeiro premio nun concurso autonómico

Alumnado do IES Agra Raices recibindo o premio no Museo do Mar de Vigo
Alumnado do IES Agra Raices recibindo o premio no Museo do Mar de Vigo
O cartel pola igualdade do IES Agra de Raíces recibe o primeiro premio nun concurso autonómico

Arte e compromiso demostrou o alumnado de 1º Bacharelato que cursan a materia de Debuxo Artístico no IES Agra de Raíces, Cee. O seu cartel titulado “Rompe as cadeas dos estereotipos de xénero”, levou o primeiro premio na categoría de 3º e 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato e Ciclos formativos de grado medio e superior do Certame promovido pola Xunta co gallo do Día Internacional da Muler.

Os ceenses recibiron o premio nun evento celebrado no Museo do Mar en Vigo.

Un certame promovido pola Secretaría de Igualdade, e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, para “fomentar a promoción da Igualdade dentro dos centros educativos, promover a reflexión sobre os estereotipos de xénero que temos na sociedade, sobre as causas e a orixe da discriminación, así coma facer pedagoxía e dar difusión ás loitas das mulleres para ver recoñecidos os seus dereitos”.

A mocidade do IES Agra Raices co cartel do 8M premiado pola Xunta
A mocidade do IES Agra Raices co cartel do 8M premiado pola Xunta

Ademais dos ceenses, na categoría do alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria o CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo recibiu o primeiro premio co cartel “Mulleres do mundo”. E na categoría 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO, o CEE Manuel López Navalón de Santiago acadou o 1o premio co cartel “O cambio comeza por nós”.

Todas as novas do 8m

Novas relacionadas

comentarios