O Globo de papel que non quixo voar
21 de marzo de 2011 (15:28 h.)
O sábado 19 de Marzo, Cee celebraba o Día do Pai ao grande. O Globo máis grande de Galicia, o segundo globo de papel mais grande do mundo, de 13 metros de altura e 80 kilos de peso, volaría polo ceo da Costa da Morte nun evento organizado pola Discoteca Zona Zero e patrocinado por numerosos establecimentos de Cee.
A Praza do Concello estaba ateigada de xente. Pero cando se procedía a inchalo para voar, unha fuga impediuno. Lamentablemente non pudo ser de novo, pois esta era a segunda intentona logo de que na noite de reis ocorrera algo semellante. O grupo Peta Forte mantivo o tono e a festa.
Máis información
Fonte
- redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Vídeo de Edita Cambeiro.