O Globo de papel que non quixo voar

15:28 21/03/11
O sábado 19 de Marzo, Cee celebraba o Día do Pai ao grande. O Globo máis grande de Galicia, o segundo globo de papel mais grande do mundo, de 13 metros de altura e 80 kilos de peso, volaría polo ceo da Costa da Morte nun evento organizado pola Discoteca Zona Zero e patrocinado por numerosos establecimentos de Cee.
A Praza do Concello estaba ateigada de xente. Pero cando se procedía a inchalo para voar, unha fuga impediuno. Lamentablemente non pudo ser de novo, pois esta era a segunda intentona logo de que na noite de reis ocorrera algo semellante. O grupo Peta Forte mantivo o tono e a festa.
E como o globo de papel non voou, pois o barquiño que ía levar con dous dos patrocinadores, mostrouse desta maneira, sempre acompañado polo Grupo Folk Peta Forte de Cee.Máis información
Fonte
- redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Vídeo de Edita Cambeiro.