O Mes da Fundación continúa coa música e cunha conferencia sobre a historia de Galicia

Continúan as actividades que se enmarcan dentro da programación do Mes da Fundación organizado pola Fundación Fernando Blanco de Cee. Mañá venres, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria do CEIP Eugenio López e do CPR Manuela Rial Mouzo de Cee e os usuarios e usuarias da aociación ASPADEX desfrutarán dun concerto didáctico da man do Dúo Aranjuez e Irina Kazimirskaia (Rusia). Este concerto está encadrado dentro do encontro internacional de música de Pulso e Púa, organizado pola asociación cultural Pórtico das Artes, a cal, todos os anos cédelle unha actuación ao concello de Cee, e éste á Fundación Fernando Blanco. A programación continúa o sábado, ás 20:30 horas, na casa da Cultura de Cee cunha conferencia de Mar Llinares García - doutora en Xeografía e Historia pola USC - que falará sobre "Os outros habitantes de Galicia: mouros e mouras na Costa da Morte".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)