Ogando realizará as obras da posta en funcionamento da Casa da Cultura de Cee

Publica hoxe o Boletín Oficial Provincial a formalización do contrato para a realización da obra "Posta en funcionamento da Casa da Cultura de Cee. 1ª Fase". Un contrato de 165.000€ xa anunciado en febreiro como o último impulso, e que era matizado marzo deixando claro que será unha apertura a medias.

I é que esta 1ª fase da "Posta en funcionamento" non inclúe a apertura do auditorio, que pasa por se a infraestrutura máis necesaria dende hai anos, clave para o devir cultural da vila da Barca e do peche de programas como a Mostra de Teatro.

O anuncio non indica os prazos de execución, só que o orzamento final é de 119.000€, e a empresa que saíu gañadora do "procedemento aberto con publicidade de criterios" é unha vella coñecida, Construcciones Ogando, unha das implicadas en toda a trama da "Operación Orquesta", sendo precisamente esta obra unha das claves de toda a trama.

Así, esperamos que, tras máis de 3 millóns de euros de investimento, tras case 14 anos de retraso, antes de que finalice o ano (como prometeron en marzo), poidamos alomenos disfrutar da sala de música, da sala de exposicións e da biblioteca.

Obras de acceso a Gures

Ademais, o BOP tamén inclúe hoxe o anuncio do contrato para a realización das obras de acondicionamento da mellora do acceso oeste ao núcleo de Gures. Son uns 48.000€ de orzamento a adxudicar polo habitual procedemento "negociado sen publicidade".

Nova a nova

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).