Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Casa da Cultura de Cee abrirá a medias

A Casa da Cultura de Cee abrirá a medias
Casa da Cultura de Cee a piques

Preguntabámonos o pasado febreiro se a nova achega da Deputación serviría de O último impulso á Casa da Cultura de Cee?. Son 165.000€ que completarán o orzamento rectificado final do arquitecto José Carlos Leis Caruncho pero que non servirá para rematar a obra. Aínda queda pendente a dotación do mobiliario interior no auditorio, que veremos cando tarda e aparecer.

Se ben faltará o auditorio, a alcaldesa quere abrir xa as portas da CCC e prantexa "a posta en marcha da sala de música e as de exposicións, así como da biblioteca para o último trimestre doano", xa que a a achega provincial permitirá o subministro e a colocación da estrutura do escenario, obras nas zonas comúns da planta baixa e de acondicionamiento na sala de exposicións, e actuacións na rede eléctrica e contraincendios.

Cómpre apuntar que os 3.000 metros cadrados útiles desta infraestructura ofrecen espazo para toda a actividade cultural local, xa que o auditorio, pendente como dicimos de ser rematado, terá prazas para 500 persoas e contará cun escenario de 140 metros cadrados.

Nova a nova

Fonte

Comentarios