Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros de Cee quedan sen camión de altura

Os Bombeiros de Cee quedan sen camión de altura
Camion con Grua dos Bombeiros de Cee O vehículo de altura que ata o de agora estaba no Parque de Bombeiros de Cee marchou para o de As Pontes

Emerxencias como rescates en edificios, incendios en lugares complicados… xa non poderán ser resoltos con tanta premura na zona de acción dos Bombeiros de Cee. Agora terán que pedirllo a Santa Comba, unha vez que o Consorcio Provincial decidise trasladar o vehículo de altura (o camión con grúa), do Parque ceés ao parque de As Pontes.

As razóns do traslado baséanse que o vehículo semellante do parque pontés está avariado, algo que indigna aos membros do Comité da UTE de Nanutecnia, encargada da xestión dos tres parques. “É como se os veciños de Cee sexamos de segunda”, explica un dos representantes lamentando que se menosprece unha zona polo simple feito de reemprazar o mesmo servizo noutra.

Aseguran dende a empresa que non recibiron razóns por parte do consorcio para levar a cabo o cambio, e lamentan a continua perda de servizos, e a falta de atención pois mesmo estiveron varios días sen luz e carecen de xerador de electricidade propio.

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios