mércores. 21.05.2025
El tiempo

As traballadoras Residencias Privadas denunciaron en Vimianzo a falta de avances na negociación do convenio

Concentracion das Traballadoras Residencias Privadas en Vimianzo
As traballadoras Residencias Privadas denunciaron en Vimianzo a falta de avances na negociación do convenio

Trala folga e as concentracións desenvoltas no mes de abril, as traballadoras das residencias privadas de maiores e centros de días volveron á rúa para esixir un convenio laboral  digno. Convocadas pola CIG, traballadoras da residencia da terceira idade DomusVi de Vimianzo, así como doutras residencias priovadas das comarcas de Soneira, Bergantiños e Fisterra, concentráronse ás portas do Concello vimiancés, aproveitando que é o día de mercado.

A concentración realizouse un días despois do terceiro día de folga, na que se criticaron os servizos “máximos” do 100% decretados pola Xunta. A CIG critica que a patronal permanece desaparecida, así como a "dureza a postura mantida pola Consellaría de Política Social, que nin se quere reunir coa CIG, nin tampouco intermedia para desbloquear o conflito”.

As representantes sindicais subliñan que as demandas das traballadoras son tan básicas como: ter unhas táboas salariais acordes ao SMI, avanzar na redución da xornada laboral -que actualmente teñen fixada nas 40 horas semanais cando xa está a  debate a xornada de 37,5h-, ampliar as coberturas nas situacións de IT ou que se compensen os festivos.

“Máis do 60% das traballadoras do sector teñen salarios por debaixo do SMI”, denuncian, criticando que a sobrecarga de traballo provoca que as traballadoars fiquen “exhaustas, cansas e fartas”. E aínda así “van enfermas a traballar para que non lle apliquen os descontos nos seus raquíticos salarios, xa que non teñen complementadas as baixas ao 100%”.

Máis novas

Comentarios