luns. 05.05.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: O Dumbría culmina a remontada e xa é novo equipo de Preferente

11 do CF Dumbria campion da Primeira FUTGAl 24-25
11 do CF Dumbría hoxe no Rebordelo
1ª FUTGAL: O Dumbría culmina a remontada e xa é novo equipo de Preferente

Impresionante o que vén de rubricar o CF Dumbría. O equipo de Pablo Conde confirmou no Rebordelo o seu título da 1ª FUTGAl e ascenso á Preferente. Tras unha longa tmeporada na que o equipo estivo agazapado, detrás dun Club do Mar que estivo 34 xornadas invicto, o cadro costeiro pegou o arreón no último mes e confirma, cunha xornada de marxe, o zarpazo.

Na xornada 29, os dumbrieses estaban 5 puntos abaixo, e en 4 xornadas sacoulle 10 puntos aos caioneses. 10 vitorias seguidas dos de Pablo Conde dan conta da súa remontada monumental.

Hoxe en Teo, os dumbrieses saíron a por todas e se metían pronto por diante cun gol en propia meta. Á media hora Diego Estévez non faltaba á súa cita co gol (suma 35, 5 máis que Isaac Fábregas, os dous máximos goleadores de toda a categoría), para ampliar a renda é media hora, pero o Calo recurtaba antes do descanso.
Comezaba a segunda co terceiro de Mataso, que parecía que deixaba o camiño claro cara o ascenso, pero o Calo, equipo sen nada en xogo, metíase de novo no partido. Non foi ata o m.87 cando o Dumbría, co Calo envorcado, sentenciou con dous tantos de Breixo e Juanjo, para ledicia da afección que se desprazou ata a vila compostelá, e que voltou co equipo para celebrar o ascenso no Conco! 

O resto da xornada

Polo demais, os equipos costeiros colleitaron resultados de todo tipo. O San Lorenzo sumaba o seu 7º partido en Verdillo sen perder, demostrando o bo, pero insuficiente treito final de campaña. Vencía ao Agolada, 4-3 con 3 de Javi Souto e 1 de Hugo Canedo, se ben o Agolada no último cuarto de hora marcaba 3 tantos e metía o medo no corpo dos carballeses.

O Muxía tamén vencía, neste caso 3-0, ao Tordoia, con goles de Fran Moreira, un en propia e outra e de Darío. Mesmo resultado para o Castriz na casa ante o Boimorto cos tantos de Brais (2) e Josiño.

Os que non gañaron foron o Fisterra e a Esteirana, que comezaron o partido sabendo xa que estaban salvados, no que foi a despedida de Alex Rama, lenda viva do cadro esteirán.

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios