A procesión motorizada do San Cristovo e a xornada do Deporte de Rúa encheron Cee de

Procesión Motorizada do San Cristovo de Cee-Foto-Rafa Quintáns

Completas Galerías de fotos de Rafa Quintáns
 

Fin de semana movida pola capital da Xunqueira. Esperando por esas míticas Festas da Xunqueira (xa teñen pregoeiro na voz de Fernando Fraga) a vila viviu unha xornada de Deporte na Rúa tremendamente viva, ademais dun San Cristovo peculiar, onde a procesión motorizada é o punto máis fermoso. Unha procesión con premio ademais.

Deporte na rúa

O Club Arte e Movemento facía historia a semana pasada con 15 medallas no Campionato de España de Bailes Caribeños. Non quixo desaproveitar o Concello a ocasión para cfelicitarlos e organizou unha recepción no Concello o pasado venres.

Xa o sábado, tivo lugar a sexta edición do Día do Deporte na Rúa de Cee, que foi un éxito de participantes (200 asistentes) onde nen@s e maiores disfrutaron da práctica de diferentes disciplinas deportivas levadas a cabo polo dinámico tecido deportivo co que conta a Vila: o atletismo, o fútbol, o fútbol sala, o ciclismo, o jiu jitsu (Piscina m. De Cee), o taekwon-do ITF, o kick boxing e o baloncesto foron os protagonistas desta xornada.

Aquí vos deixamos cunha completa galería de Rafa Quintáns


O Concelleiro Rubén Villar e o técnico de Deportes Manolo Calo-Fotos de Rafa Quintáns

Novas relacionadas