Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Club Arte e Movemento fai historia con 15 medallas no Campionato de España de Bailes Caribeños

Arte e Movemento triunfando no Campionato de Espana de Bailes Caribenos
Arte e Movemento triunfando no Campionato de Espana de Bailes Caribenos
O Club Arte e Movemento fai historia con 15 medallas no Campionato de España de Bailes Caribeños

A pasada fin de semana, mais de 40 deportistas do Clube Arte e Movemento, desprazábanse a Guadalajara a disputar o Campionato de España de Bailes Caribeños 2019, xunto coa Copa Promoción de ascenso de latinos e stándar.

Foi unha tremenda fin de semana, para o club costeiro, que volveu con 15 medallas no Campionato (6 ouros, 8 pratas e 1 bronce), algo histórico para a entidade, e para calquera clube galego ou español nun campionato de España de Caribeños. Con estos resultados, non se pode máis que felicitar a toda a familia do club, dende os seus adestradores, a cada un dos deportistas, a todos os familiares que os apoian cada día.

Arte e Movemento triunfando no Campionato de Espana de Bailes Caribenos 2

No Campionato de España de Bailes caribeños youth (menores de 18 anos), acadan o ouro, a prata e o quinto e sexto posto!!

  • Vicente e Laura, ouro
  • Alberto e Noelia, prata
  • Raúl e Ainhoa, quinto posto
  • Iván e Noelia, sexto posto

No Campionato de España de Bailes caribeños absoluto: ouro e prata

  • Jandro e Magali, ouro
  • Cristian e Patricia, prata

No Campionato de España de Caribbean Show Dance: un ouro e duas pratas

  • Butterfly’s Mambo Campionas de España under11
  • Galaxy’s Mambo Subcampionas de España Under15
  • Egyptian’s Mambo, subcampions de España Caribbean Show Dance over16

No Campionato de España de Salsa Shine Duo: ouro, prata, cuarto e sexto posto.

  • Alberto e Vicente, ouro
  • Patricia e Melani, prata
  • Noelia e Laura, cuarto posto
  • Gisela e Soraya, sexto posto

No Campionato de España de Salsa Shine junior (12 a 15 anos): ouro e prata para as nosas nenas:

  • Soraya Santos, ouro
  • Lucía Pose, prata

No campionato de España de Salsa Shine Femenino over 16: prata, terceiro, quinto, septimo e oitavo posto:

  • Melani Lois, prata
  • Laura Marcote, bronce
  • Patricia Túñez, quinto
  • Noelia, septimo posto
  • Gisela, oitavo posto

No Campionato de españa de Salsa Shine Masculino: ouro, prata e quinto posto:

  • Jandro Pallares, ouro
  • Alberto Martínez, prata
  • Vicente López, quinto posto

Copa Promoción

E como nos lles chegou coa xornada tan produtiva do sábado, o domingo asistiron á Copa Promoción, onde  Alberto e Mar lograron o pleno, con dous ouros, logrando así o ascenso á B nacional en standard e C nacional en latinos.

Pola súa parte, Vicente e Laura e Ivan e Noelia non lograron o posto de ascenso pero fixeron un gran papel. 

Comentarios