Roteiros, charlas e inchables para completar as Festas do Apóstolo de Ameixenda
Ademais das grandes Festas do Apóstolo, a parroquia de Ameixenda prepárase para unhas semanas de grande actividade. Dende o xoves 24 ata o sábado 26 as verbenas, os pasarrúas e as bombas invadirán a parroquia ceense, pero xa esta fin de semana haberá actividades.
O sábado 19 de xullo a SCDR Fumes do Cal onvita a participar no IV Roteiro Arqueolóxico Natural, por Banle, descubrindo un tesouro inmenso.
O domingo 20 de xullo, ás 19:00h aberá unha charla sobre microtoponimia, e o xa o mates 22, ás 21:00h, un taller de respiración que se realizará na praia do Caudeliño impartido por Adhara Caamaño.
Coincidindo coas Festas do Apóstolo, o venres 25 amence cos pasarrúas, e pola tardiña haberá un campionato de futbito no Campo da Escola. Xa o sábado, haberá festa infantil no campo da festa de 18:00h a 20:00h e finais do torneo de tenis.
A actividade de Fumes do Cal continúa en agosto. O primeiro domingo, subida á Moa con Pepe do Fieiro, e o último sábado, III Roteiro nocturno a Banle e observación astronómimca con Antón Bouzas.