Leva tempo a parroquia de Ameixenda traballando para visibilizar mellor os seus tesouros naturais. Xa nos ten levado por Banle cun documental e un Bioblitz . Desta volta, a renovada familia da Asociación Fumes do Cal lévanos nun percorrido singular pola súa braña.
Veñen de preparar este fermoso e interesante vídeo, que une o Monte Facho de Fisterra, a braña de Banle en Ameixenda e o Pico Sacro en Santiago, repasando algúns dos recentes descubrimentos.
Programa
O día 21 de xullo farán unha presentación comentada do vídeo na Casa da Cultura .
Ademais, o día 22 de xullo pola mańá, realizarán un roteiro arqueolóxico natural polo noso pobo, pasando polos muiños e achegándose a estes puntos tan interesantes.
Xa o 19 de agosto propoñen a subida nocturna para contemplar os petróglifos e a observación do noso ceo, guiados polos profesionais do Colectivo A Rula.
Novas relacionadas
- A nova directiva de Fumes do Cal: "Queremos seguir facendo parroquia”.
- Ameixenda ten o seu documental.
- A veciñanza de Ameixenda descobre a flora e fauna de Banle cun Bioblitz
- Vitor do Canteiro: Vento de futuro
- Vítor do Canteiro: Os Señores do vento.
- Francisco Santiago López: Maladanza e progreso.
- P.E. Sembra: Os eólicos poñen sombra sobre a paisaxe e o Camiño de Cee, Dumbría e Fisterra.