As tres nais pioneiras que protagonizaron o 8M na escola de Brens
O pequeno colexio CEIP de Brens tamén viviu de preto a importancia do 8 de Marzo - Día da Muller. Recibiron a visita con tres das nais do alumnado que foron pioneiras na realización de tarefas profesionais consideradas tradicionalmente "só de homes".
Concretamente con tres nais traballadoras no sector máis duro da fábrica de ferroaleacións de Xeal (Libertad Castro - primeira muller que traballou nos fornos; Sheila Trillo - primeira muller que traballou no laboratorio das fábricas e Mariana Lamela - operaria dos fornos).
"Son un exemplo de igualdade e estamos moi orgullos@s delas polo que quixemos escoitar as súas experiencias de traballo e rendirlles unha pequena homenaxe co noso recoñecemento", destacan dende o centro dando conta da necesidade de seguir rompendo barreiras en todos os eidos da vida.