Un sepelio polas Preferentes e pola venda de NGB

Onte falaban nun dos poucos programas televisivos con periodismo real das Preferentes. Salvados facía unha reportaxe sobre a orixe das Preferentes, un mal que está sacanado ás rúas a moita xente en Galicia, na Costa da Morte.
Sen parada, continúan os afectados da nosa bisbarra manifestándose cada luns en Malpica, cada xoves na feira de Carballo e cada venres en Cee. Son varios centos de afectados os que seguen berrando alto e claro que queren os seus aforros de volta, que non queren formar parte dunha das meirandes esrafas financeiras dos nosos tempos.

Os aforradores costeiros, que non inversores como queren intentar que se lle chame, estarán hoxe, luns 16 de decembro en Malpica. A Plataforma de Afectados polas Preferentes de Bergantiños queda, coma sempe, ás 10:00h diante da oficina principal de Carballo de Novagalicia Banco. De aí ata Malpica en coches particulares para pasar toda a mañá facendo que o problema non caia no esquecemento.
O xoves, como cada semana, toca feira en Carballo, percorrendo a golpe de bocina cada unha das oficinas implicadas na trama. E paralelamente, os seus veciños do sur da bisbarra, estarán como cada venres diante da oficina de NGB en Cee.

Un sepelio

Aínda non aconteceu. Novagalicia Banco aínda non foi vendida oficialmente, pero a semana pasada, o xoves na feira carballesa, os afectados de Bergatiños simularon o sepelio da última entidade financeira de capital galego.

A súa absorción e desaparición é toda unha incógnita para os afectados. I é que se foi a culpable de todos os seus problemas, agora a nova directiva terá que ver se se fai cargo desas débedas provocadas por "este roubo e estafa".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).