Venres. 19.04.2024
El tiempo

De oficina en oficina berrando polos meus aforros

De oficina en oficina berrando polos meus aforros
Afectados polas preferentes en Carballo

Impresionante o traballo incombustible dos afectados polas Preferentes. I é que non paran, non decaen, seguen en loita contra o roubo dos bancos e a inacción das administracións. E o fan por toda a bisbarra, dende Carballo a Cee pasando por Malpica.

De feito, a loita vai por días. Dende xa vai máis dun mes que a Plataforma de Afectados polas Preferentes de Carballo e Bergantiños se manifestan cada mañá de luns polas oficinas de Malpica. De feito, este 23 de setembro arrincaron dende a oficina de NGB de Isidro Parga Pondal de Carballo, un grupo de carballeses para apoiar aos "estafados", como así se autodenominan, de Malpica. Fano en coches particulares, para poñerse a berrar diante da oficina de Novagaliciabanco malpicá.

Afectados polas Preferentes en Malpica-Foto-Lesi Carballo

Unha práctica, a do berro, que desenvolven tamén cada xoves, día de feira, en Carballo, os afectados percorren a vila dende as 10:00h. Oficina por oficina (as 3 de NGB e a Caixa Nova de Desiderio Varela) e envalentonados cos pitos, sereas, potas e demais, a súa loita vai en clave de rima.

Se xa temos pasado en clave de loita pacífica por Malpica e Carballo, non podemos esquencer a batalla aberta en Cee. Cada venres, máis de 20 afectados se poñen diante da oficina de Novagaliciabanco de Cee, na Avda. Fernando Blanco, e obrigan a pechala a base de berros e pancartas. Un xeito de facerse escoitar e molestar, malia que sexa unha molestia demasiado minúscula para que as grandes corporacións se preocupen.

Afectados polas Preferentes un venres en Cee

Cómpre destacar que é unha loita apartidista, pero tanto que nin verdes nin amarelos lles prestan atención. Tan sangrante é que non se faga nada ante un roubo tal que dá medo. E iso que os Os alcaldes de Bergantiños e mais os alcaldes do sur da Costa da Morte manfiestaron a súa comprensión aos afectados polas Preferentes. Pero de feitos, cero.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios