Venres. 03.05.2024
El tiempo

Vence achégase á Costa a través das Preferentes

Vence achégase á Costa a través das Preferentes
xavier-Vence-con-Noceda-e-Aymerich-cos-preferentistas-en-Cee

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, percorreu na xornada do venres diversos concellos da Costa da Morte, como Cee, Vimianzo, Zas e Carnota. Na visita, o nacionalista manifestou o respaldo da fronte nacionalista ás diversas demandas económicas, medioambientais e culturais encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas na zona, así como o apoio e solidariedade aos afectados polas preferentes, cos que mantivo un encontro.

A máis importante, a visita aos afectados polas Preferentes. Vence participou na concentración que a plataforma de afectados polas preferentes da Costa da Morte convoca os venres diante das oficinas de NCG. No encontro trasladoulles o apoio do BNG e presentoulles as iniciativas que o Bloque levará ao Congreso a vindeira semana con alternativas para os afectados.

Alí informou aos afectados de que este martes 28 de maio debatirase, tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento Galego, a toma en consideración dunha Proposición de Lei do BNG de modificación da Lei 9/2012 de reestruturación e resolución das entidades de crédito, co obxecto de deixar sen efecto a quita que se impón aos afectados pola subscripción de participacións preferentes e subordinadas, asegurar o reintegro do 100% dos aforros e ordear ao FROB a revisión de oficio dos acordos adoptados para adaptarse a estas novas disposicións.
Ademais, aseguraba que o BNG "instará ao Goberno do Estado a modificar a Lei 9/2012 e a articular unha solución que garanta o reintegro do 100% do diñeiro aos pequenos aforradores", ademais de "poñerse a disposición dos afectados para prestarlle toda a cobertura política e xurídica necesaria para que presenten recurso contra o acordo do FROB".
Vence entende tamén que tense que "manter a vía da arbitraxe para todos os afectados que o solicitaren, asegurando a rápida resolución de todos os casos" e pediu que se "persone no proceso aberto a través da demanda presentada pola Fiscalía" para "perseguir penalmente aos responsábeis da estafa".

Recordou que a Proposición non de Lei contou cos votos favorabeis do BNG, AGE e PSOE pero foi rexeitada polos deputados/as do Partido Popular.

Comitiva do BNG con Vence en Carnota

Vence tamén tratou outros temas de índole comarcal como o peche do Centro de Día de Carnota, ou "a posta en marcha do saneamento integral da ría de Corcubión".

E tamén tivo palabras boas para os concellos de goberno nacionalista como son Carnota, Vimianzo e Zas, "pola dinamización da comarca e para proporcionar servizos fundamentais á veciñanza".

En Carnota salientou o esforzo do goberno encabezado por Ramón Noceda na dinamización do municipio mediante a promoción de actividades agrícolas sostibles. No tocante a Vimianzo e Zas, o portavoz nacionalista puxo de relieve o traballo que está a levar a cabo o equipo de goberno encabezado por Manuel Antelo e Manuel Muíño, respectivamente, na dinamización económica a través do patrimonio. “A Xunta debería ser consciente deste gran esforzo e respaldar estas iniciativas de promoción”, comentou ao respecto. Ademais, visitou co alcalde e tenente de alcalde, o alcalde de Carnota e o portavoz comarcal, as Torres do Allo que a Deputación mantén pechadas a pesares do ofrecemento de colaboración por parte do concello para abrilas.

Vence co Antelo e compania en Vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG, da man de Serxio Domínguez Louro .

Comentarios