Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os alcaldes da Costa da Morte únense cos afectados polas Preferentes

Os alcaldes da Costa da Morte únense cos afectados polas Preferentes
Os-alcaldes-da-Costa-da-Morte-comprometeronse-cos-afectados-polas-Preferentes-e-Subordinadas

"É a primeira que vexo a todos os alcaldes xuntos, e espero que esta unidade e este apoio que nos estades brindando non quede só unha nota da prensa". Así lles falaba o voceiro da Plataforma de afectados polas Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte, Manuel González, aos 10 alcaldes da zona que se xuntaban no Concello de Cee para apoiar esta causa.

Diante deles, e detrás, medio centenar de veciños que acodían cos megáfonos e as pancartas dunha nova protesta diante da oficina de Novagaliciabanco en Cee, unha vez que a loita xa ten nomes e apelidos dende hai tempo.

Precisamente a sesión serviu para que os alcaldes da zona, de todas as cores políticas (polo PP Zaira Rodríguez de Cee, Traba de Fisterra, Santos Maneiro de Mazaricos; polo PSOE Pichurri de Camariñas, Félix Porto de Muxía, Pequeño de Dumbría e Chisco de Corcubión; polo BNG Antelo de Vimianzo, Noceda de Carnota e Muíño de Zas; acompañados polo teniente alcalde de Cee, Dani Oca, de ANC) manifestaran o seu apoio aos afectados. E algo máis: "De aquí sairemos con este manifesto asinado en todos os plenos municipais no que pedimos axilidade nos procesos de arbitraxe, que llo trasladeremos á FEGAMP, e ademais queremos prestarvos todo o apoio administrativo posible", afirmaba a voceira dos alcades, Zaira Rodríguez. "E podemos solicitar unha entrevista con Feijoo, na que estaremos unha representación de cada partido e mais o voceiro da Plataforma", engadíu o alcalde de Camarilñas.

Alcaldes-da-Costa-da-Morte-comprometidos-cos-afectados-polas-Preferentes

Escoitando experiencias

Afectados-polas-Preferentes-acodiron-ao-Pleno-de-Cee

Pero sobre todo, os alcaldes tiveron que escoitar. Historias tremendas, de enganos tras enganos nas que se viron metidos estes veciños afectados. "E que só somos a punta do iceberg", recordaba González", "pois só na nosa zona podemos ser uns 4.000 afectados". "Queremos a vosa axuda burocrática, pero sobre todo queremos que vós, que sodes os que podedes chegar a arriba, que fagades chegar as nosas peticións", pedían os afectados.

Pero os testemuños de varios dos afectados eran terribles. De feito, moitos contarton a súa historia persoal, de como un director dunha oficina (concretando directamente nas oficinas de Cee e Corcubión e nos seus directores ou ex directores) os enganaron rotundamente. O de "ti non tes Preferentes" cansaron de escoitalo moitos afectados na boca dos seus banqueiros, ata que un bo día, cando a cousa xa non era sostible mediaticamente, pois resulta que si…

"Aceptamos a arbitraxe porque non nos queda outra"

"A axilidade das arbitraxes é importante, pero que quede claro que nós non apostamos pola arbitaxe, pero é que non temos mais. A quita, que é a outra posibilidade, sería unha ruina, e se apostamos pola vía xudicial podemos morrer antes de que se decidan", explicaban, mentres unha veciña aseguraba que o director dunha sucursal lle dixo con estas palabras: "Alfredo, se morres ti, ela o perde todo"…

Explicaban tamén que a arbitraxe, polo de agora, non é para todos. "Por agora só chaman aos que teñen entre 600 e 5.000 euros a arbitraxe. Pero o resto, os que temos máis, seguimos esperando", contaba un. "Eu xa podo perder 10.000 ou 15.000€ pero eu cando me devolvan o que me toca, vou denunciar ao director, porque mesmo teño probas do engano, e iso que é familiar da miña muller.

O tema da arbitraxe é máis complicado todavía. Hai quen ten denuncia aberta, pero que non pode esperar. Ademais, agora cando un se apunta a unha arbitraxe fanche asinar un papel. Pero todo acaba cumha frase: "Aínda que firmes aquí conforme renuncias á via xudicial, non significa que vaias cobrar". Nin unha nin outra.

Unha afectada explicou a sua experiencia na arbitraxe, e denunciou unha burla por parte dun dos dous responsables da mesma. I é que parece ser que as arbitraxes lévanse a cabo polo método de "poli bueno, poli malo", no que un, funcionaro, che dá solucións, e o outro, responsable da entidade finacieira, che pon trabas. "Hai que levar un abogado porque o que non pode ser é que teñamos medo a ir a arbitraxe", como explicaba unha señora explicando a súa sensación tras acodir a unha destas citas.

Por non falar dos problemas psicolóxicos que están arrastrando centos de veciños que perderon absolutacmente todos os seus aforros.

A historia continúa aberta, porque lamentablemente aínda a día de hoxe "hai xente que se está enteirando agora de que está afectado polas Subordinadas", explicaba un preocupado González.

A moción

Esta é a moción que van asinar os 10 concellos adheridos á causa:

A Corporación Municipal de _____ quere amosar a súa solidariedade cos aforradores afectados e a esixencia de que recuperen o antes posible os seus aforros dos que son lexítimos propietarios. Ata o de agora vense realizando como solución o sistema de arbitraxe que, xa dou solución a máis de 11.000 familias, ainda que todos desexaríamos que se fixese con maior rapidez, por mor de que a entidade NGB envía poucas aceptacións para facer arbitraxe e hai moitos veciños que están sufrindo as consecuencias destas prácticas abusivas. A pesares dos acontecementos derivados do rescate ao sector financeiro español consideramos que os tenedores, aforradores que non teñen a consideración de investidores, ós que lle foron colocados nas oficinas de Caixa Galicia e Caixa Nova e doutras entidades financeiras “Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas” non poden sufrir quitas respecto ao nominal dos seus títulos. A vista desta situación, a Corporación Municipal do Concello de _____ presenta esta MOCIÓN CONXUNTA E URXENTE para o seu debate e aprobación en Pleno dos seguintes acordos: 1.- Instar a Xunta de Galicia para que se dirixa ante os distintos organismos e autoridades políticas e monetarias competentes: Goberno Central, Parlamento Español, Ministerio de Economía, Banco de España, Comisión Europea da Competencia, Comisión Nacional de Valores, FROB e NGB PARA: a) Que con respecto a “Ley 9/2012, de 14 de novembro, de reestructuración y resolución de entidades de crédito” en todo o concerniente aos afectados polas Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas se adopten as solucións legais oportunas para, no caso das comercializacións indebidas destes productos híbridos, eliminar as quitas e para evitar que se realicen canxes por outro tipo de producto financeiro que non podia ter liquidez a curto prazo ou poida supoñer pérdia no valor nominal dos títulos dos seus productos. b) Que se manteña, axilice e reforce o sistema de arbitraxe de xeito xenérico e se dé contestación afirmativa a todos os solicitantes considerados aforradores pedindo a entidade NGB que maximize e axilice as aceptacións de arbitraxe. 2.- Instar a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) que asuma esta moción en todos os seus termos e se lle de traslado a todos os concellos de Galicia para a súa aprobación en Pleno.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios