Un Trail-Andaina, a nova proposta do proxecto Agra Solidario
Non paran estes rapaces do IES Agra Raíces de Cee, que volven, un ano máis, co proxecto “Agra Solidario”. E o fan en clave deportiva xuntando a xente de toda Galicia en Corcubión. Así, en colaboración cos Concellos de Corcubión, Carnota e Cee, artella un Pequeno Trail e Andaina benéfica pola contorna do Faro de Corcubión.
A recadación obtida pola inscrición dos participantes na proba será doado aos servizos socias destes concellos.
A cita lúdico-deportivo-solidaria será o sábado 30 de Maio de 2015, a partir das 17:00h no Campo de fútbol de Corcubión Organiza, como podemos comprobar no vídeo promocional por parte dos amigos de Páramo Pictures.
O percorrido da proba de Trail, varía entre os 3,5 Km e os 7 Km, en función das categorías e idades dos participantes. E o percorrido transcorre na maior parte do mesmo por camiños e pistas de terra, sendo bastante asequible para calquera corredor que faga un mínimo de deporte.
Para os menos deportistas pero tan solidarios, haberá unha “ANDAINA SOLIDARIA” de 3,5 km, disfrutando as paraxes do faro de Corcubión dunha maneira máis tranquila e dunha forma amena.
Para inscribirse na proba será necesario cubrir os datos pedidos neste formulario de inscripción, antes das 23:59 do xoves 28 de Maio. O custe da inscrición (entre 1 e 3€) aboarase o día da proba no momento da retirada do dorsal. Así mesmo, tendes máis información na web do Centro.
Novas relacionadas
- Unha viaxe dende o Instituto chea de historia para coñecer mundo.
- O IES Agra de Raíces está de wiki-noraboa.
- O Agra Raíces abre o seu Rastro Solidario.
- O Agra Raíces pechou o curso máis Solidario.
- 2014: Unha viaxe do Agra Raíces para abrir mentes.
- 2014: Alumnos de Cee practican o seu portugués en Coimbra.
- 2013: Os alumnos dos centros de Cee despiden o curso de viaxe.
- 2010: Do Instituto ao British Museum ampliando horizontes.
Fonte
- Información do Agra Raíces.