Unha viaxe para abrir mentes


Menudas viaxes se meten estes alumnos do IES Agra Raíces. Xa o ano pasado viaxamos con eles ata Dublín e este ano tocou Londres. Aí arrincaron os alumnos de 4º de ESO do IES Agra de Raíces de Cee para despedir a secundaria obrigatoria cunha gran viaxe,un xeito fantástico de abrir as mentes e afrontar o Bacharelato coas ideas do que a un lle gusta máis claras.
A vicedirectora Esperanza Videla organizou a excursión e acudiron un total de 33 alumnas e alumnos e 3 profesores que permaneceron en Londres do día 26 de abril ata o 1 de maio. De luxo o pasaron os rapaces pero tamén os mestres, Pedro Márquez, Sonia López e Fernando Casanova, eses mestres enrollados que se animan a ir de vacacións cos alumnos, con todo o risco que ás veces conleva.

Non é o caso deste mozos, que se portaron de marabilla e disfrutaron a tope. Nestes días alumnos e profesores pasearon as coñecidas rúas e prazas de Londres como Picadilly Circus, Trafalgar Square, Oxford Street….onde se perciben en cada momento as distintas culturas que conviven na cidade.
Acompañando ós paseos londinendes estiveron as visitas á maioría dos maravillosos museos que nos ofrece a cidade como British Museum, National Gallery, Tate Modern, Science Museum e Natural History Museum. Non quedou sen visitar a coñecida London Tower, onde se albergan as xoias da coroa, as casas do Parlamento, a abadía de Wetsmister, o Big Ben, St Paul´s Cathedral o máis ca fotografiado Tower Brigde e a espectacular vista da cidade dende a famosa London Eye.
Aínda coincidindo coa folga de metro anunciada para os dous últimos días, tiveron tempo para acudir ó famoso cambio de garda no Buckingham-Palace, descansar nos parques de St James e Hyde Park e facer moitas compras nos mercados de Camden Town e Coven Garden.
Unha experiencia inolvidable para os profesores e alumnos que adquiriron una gran responsabilidade durante toda a viaxe. “Parabéns a todas e a todos”, que lle din aos alumnos os seus propios mentores.

Novas relacionadas
- 2014: Alumnos de Cee practican o seu portugués en Coimbra.
- 2013: Os alumnos dos centros de Cee despiden o curso de viaxe.
- 2010: Do Instituto ao British Museum ampliando horizontes.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).