Dous feridos en Corcubión ao bater co seu coche sen carné contra un muro de pedra

Unha ambulancia trasladou aos dous ocupantes do vehículo, veciños da parroquia de Oliveira, ó hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Imaxe: Senén Ínsua Esta tarde-noite volviu a rexistrarse un novo sinistro en Corcubión, a escasos metros onde fai 19 un ciclista sufrira un accidente. Sobre as 21 horas de hoxe, un coche sen carné - no que viaxaban un home e unha muller veciños da parroquia de Oliveira - bateu contra un muro de pedra xusto despois da curva do hotel El Hórreo. Os dous ocupantes do vehículo foron trasladados en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee e segundo sinalan fontes que presenciaron o sinistro, a muller foi inmobilizada xa que as feridas eran de carácter grave.
O coche bateu contra un muro de pedra á altura do hotel El Hórreo de Corcubión. Imaxe: Senén Ínsua Ata o lugar do accidente achegaronse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, membros de Protección Civil de Corcubión e os equipos de emerxencias.

Accidentes 2017

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).