Dous feridos en Corcubión ao bater co seu coche sen carné contra un muro de pedra
          
    23:59 21/06/17 
            
 Unha ambulancia trasladou aos dous ocupantes do vehículo, veciños da parroquia de Oliveira, ó hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Imaxe: Senén Ínsua
Esta tarde-noite volviu a rexistrarse un novo sinistro en Corcubión, a escasos metros onde fai 19 un ciclista sufrira un accidente.
Sobre as 21 horas de hoxe, un coche sen carné - no que viaxaban un home e unha muller veciños da parroquia de Oliveira - bateu contra un muro de pedra xusto despois da curva do hotel El Hórreo. Os dous ocupantes do vehículo foron trasladados en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee e segundo sinalan fontes que presenciaron o sinistro, a muller foi inmobilizada xa que as feridas eran de carácter grave.
 O coche bateu contra un muro de pedra á altura do hotel El Hórreo de Corcubión. Imaxe: Senén Ínsua
Ata o lugar do accidente achegaronse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, membros de Protección Civil de Corcubión e os equipos de emerxencias.
Accidentes 2017
- 01-06-17: Un home sufríu un accidente cando rodaba en bicicleta por Corcubión
 - 22-05-17: Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos.
 - 14-05-17: Dous accidentes e un incendio nunha vivenda para a noite do sábado:
 - 08-05-17: Unha moza malpicá de 23 anos falece nun accidente de tráfico na A-6.
 - 08-05-17: 3 accidentes na AC-552 salpican a fin de semana costeira.
 - 01-05-17: Dous accidentes deixan varios feridos en Muxía e Carballo.
 - 24-04-17: Dous feridos en Coristanco nun accidente:
 - 21-03-17: Un ferido nun accidente de tráfico en Muros.
 - 11-03-17: Excarcelada unha persoa tras un accidente en Carnota.
 - 07-03-17: Un ferido leve nun accidente en Carballo.
 - 10-01-17: Noite de accidentes.
 - 08-01-16: 3 accidentes empañaron a ponte de Reis.
 - 05-01-17: Un coche volca na Autovía á altura de Coristanco.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).