"Este pode ser un dos mellores Mercados Medievais da historia de Corcubión"

Xa está a vila de Corcubión en marcha. O XII Mercado Medieval Costa da Morte está á volta da esquina e os membros da Asociación Organizadora do Mercendo Medieval veñen de presentar unha completa programación. Unha programación pensada para toda a bisbarra, non só para Corcubión, como ben indica o seu nome.

Este é o segundo ano que o novo grupo organizador artella o Mercado e agarda mellorar o acontecido o ano pasado. "Este pode que sexa un dos mellorer Mercados da histora", destacaba Talo Cespón.
A empresa Fusión Medieval será a que se ocupe de trasladar a vila de San Marcos séculos atrás, e poderemos disfrutar das atraccións que veñen pasando por aquí nos últimos anos.

Serán 3 días (venres 20, sábado 21 e domingo 22 de xullo) sen parada. Con espectáculos cada 15 minutos en todas partes da vila. Haberá moita música, con ata 3 grupos de pasarrúas (teremos que esperar un ano mási por Acibreira...), e este ano destacarán as actividades para os máis pequenos. Aos tradicionais paseos a cabalo, este ano uniranse ás ocas, que farán unhas procesións inauditas.

Coma sempre a festa terá un dos seus momentos estelares a noite do venres, co Desembarco. Desta volta, de novo na Praia de Quenxe, a empresa Leyend traerá a súa Xusta Medieval e espectáculo de cabalos, para o deleite de todo o público. Non deixaremos, unha vez máis, que o Arzebispo de Santiago tome a vila de Corcubión, e volveremos facer de Rioboo o heroe da Costa.

A partir de aí, poderemos disfrutar de música, malabares, teatr, actividades para nenos, maxia, danza do ventre, espectáculo de bonecos, cetrería... un novedoso espectáculo dun Dragón xigante con música e todo, e como non, o Fauno, que non fallará e amenizará a festa coma el só sabe.

Artesanía, comida e talleres

E a entidade tamén engalanará a vila de postos, entre 70 e 80, con artesanía, bares, restaurantes, demostracións e talleres de vidro, ferro, madeira... Entre eles, uns 10 que chegan dende aquí, dende a organización.
E como novidade, un par de exposicións: unha de aparellos de tortura e outra de aparellos de labranza, que se situarán, con probabilidade, entre a Igrexa de San Marcos, onde coma sempre estará a cetrería, e a praza Castelao.

Dende a casa volveranse facer a clásica procesión de fachos que contará este ano cun espectáculo adicional: o demo.

Agradecementos

Non deixaron os organizadores de agradecer a colaboración de todo o pobo corcubionés, que lembren, é o meirande poder deste Mercado. De feito, apuntaron que este ano hai máis socios colaboradores que nunca, e os carnés estanse repartindo por ducias.
Ademais, José Piñeiro, Presidente da Asociación, quixo agradecer tamén aos patrcinadores nestes tempos de crise: Mahou, Ferroatlántica, a Deputación e o Concello, que se ben este ano aínda non pode saber canto vai poñer porque as axudas aínda non están concretadas, o Concelleiro de Cultura, José Louro Pais, asegurou que van intentar achegarse ao que viñan aportando nos últimos anos, uns 6.000€.

Todo para intentar volver a ter superávit, pois o ano pasado a organización rematou con case 2.000€ de marxe, cun orzamento de 22.000€.

Unha Mostra do que pode ser o mercado

Máis información

Novas relacionadas