Os Irmandiños xa teñen cartel e actores para Asaltar o Castelo



Terceiro ano que a Cherinkas e a Axvalso, organizadores do Asalto ao Castelo de Vimianzo, artellan este primeiro Asalto da Revolta Irmandiña en clave de casting. Obxectivo: atopar os actores que protagonicen a trama da representación teatral. E para iso prepararon unha Gala á que acodiron case 100 persoas, dando conta do potencial desta festa na zona.
A Gala serviu ademais para presentrar os vídeos de promoción, que iremos sacando ao longo da semana, a camisola, e máis o cartel, que repasamos abaixo. Ademais, a organización instou aos veciños que engalanen as sáus fiestras, balcóns, e sobre todo, que se disfracen, que se fagan partícipes da festa e que fagan que Vimianz o viaxe no tempo por 2 días.
Si, 2 días, pois o domingo tamén haberá festa, ampliando o festival.
Pero a cita tiña un punto clave, a de escoller o elenco de actores. Este ano a representación ten como título "Reconstrución O Soldado Fénix". O traballadísimo guión, coma sempre da man de Ghillermo, inclúe un pouco de todo: maldade, amor, celos, loita... unha trama completa para facer que como cada ano dende hai xa 17, os Irmandiños volvan tomar Soneira.
Polo de pronto, xa se escolleron os 11 defensores, o coro de "baluros" (impresionante a simpatía destes Damián e JuanGimel), e os 5 protagonistas xa están encarrilados. Todos terán que acodir aos ensaios da representación cada sábado deste mes, para que a alma da festa irmandiña quede mellor ca nunca.

Programa do Asalto ao Castelo 2012
Xa sabedes que de xoves 5 a sábado 7 de xuño funcionará a V Ruta do Pincho Irmandiño, en horario de 11:30 a 14:30h nos bares adheridos. O propio xoves ademais, entre as 19:00 e as 23:00 haberá unha simpática Procesión da Santa Compaña Irmandiña.
Para o venres toca a III Cea medieval (Foso do Castelo), que abrirá as súas portas ás 02:00 co concerto Folk de Muxarega.
A cita do sábado 7 de xullo comeza ás 10:00h e xa estarán abertos os postos da II Feira Artesanal na Praza do Concello, mentres o Castelo terá en marcha a Mostra de artesanía en vivo. Ademais, entre as 11:30 e as 13:00 haberá Obradoiros infantís: elaboración de traxes, taller de atrezzo con ContAsalto; algo de baile Baile tradicional infantil coa A. C. Trubisquiña (ás 12:00h Praza do Concello) seguido da Foliada de Salto e Airiños do Río Grande.
Haberá tempo para unha Exhibición de cans de mostra e obediencia ás 13:00h e outra de Cetrería.
Ademais, o tiro con arco tamén estará presente co Campionato Galego no Campo de Fútbol.
Pola tarde, o ASALTIÑO, a partir das 16:30h, na praza do Concello, con talleres, maxia, cetrería, moita música, proxa de escravos, concentración da tropa e Asalto propiamente dito. Todo, por suposto, para os máis cativos.
Noite de festa
Moita festa para a noite do sábado 7 de xullo, con música folk da casa (xa se estñaa converter estes Asalto nunha cita obrigada para os amantes do folk galego) como a da Requina da Laxeira ou o grande Budiño. Pero tamén haberá rumba catalana con La Pegatina, e acabaremos a ritmo de cumbia galega con Sonoro Maxín.
Pero atentos, que o domingo 8 de xullo continúa a festa, con inchables e actividades para os cativos a partir das 18.00h, humor a partir das 20:30h cos 7 magníficos+1, e música ás 21:30h con Robert Pier Trio e Los Mecánicos. Todo na Praza do Concello.
21:45 | A Requinta da Laxeira
Grupo tradicional de requintas da Ulla, con repertorio recollido a vellos requinteiros desta zona. A actuación inclúe pasarrúas e actuacións en escenario con pezas moi movidas e cantadas. A requinta enchen os concertos de festa e bailes con un estilo “laxeiro”.
22:30 | Budiño
Músico galego universal, creador e soñador de melodías imposibles. O músico galego fará unha posta en escena única onde mestura a percusión galega tradicional, a música electrónica.
00:30 | ASALTO AO CASTELO
Coma sempre a representación comezará no campo da festa, e subirá cara o foxo do Castelo, onde culmirará a trama coa loita entre defensores dos nobles e o pobo irmandiño. Cómpre apurar para coller sitio...
01:30 | La Pegatina
A estas alturas son poucos os que aínda se preguntan que é La Pegatina. O fenómeno traspasou as fronteiras e cóntanse en centos de miles os seguidores do grupo. Este grupo catalán fai de cada concerto unha festa difícil de esquecer.
03:00 | O Sonoro Maxín
Música posta ao servizo de tódolos sentidos, coa que se poderá escoitar, ver, ou tocar a música ao longo do espectáculo. Grupo galego que nos fará disfrutar cunha música moi movida.
04:30 | FOLIADA
Máis información
- Máis info: Programa Completo do Asalto ao Castelo 2012.
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
Novas irmandiñas
- O Pleno vimiancés pedirá que Asalto sexa Festa de Interese turístico.
- Unha Gala-Casting para escoller aos Irmandiños que asaltarán o Castelo.
- Os Irmandiños comezan a preparar o Asalto ao Castelo 2012.
- Os colaboradores de QPC tomaron a palabra coa participación da Cherinkas.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2011: A artesanía irmandiña.
- Asalto 2011: A nova historia do Asalto en vídeo: A Lenda do Aforcado.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Máis novas festivaleiras
- 24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
- Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
Fonte
- Redacción de QPC.