Venres. 29.03.2024
El tiempo

Comeza unha semana cultural chea de historia no Vimianzo Irmandiño

Comeza unha semana cultural chea de historia no Vimianzo Irmandiño

O vindeiro 7 de xullo Vimianzo lembrará as revolta irmandiñas na XVII edición do Asalto ao Castelo, organizada polas Asociacións Xuvenís Cherinkas e Axvalso, mais a partir do sábado 30 de xuño o concello artella unha serie de actividades relacionadas coa temática da festa.

A historia do Castelo

Antes de asaltar o castelo coñezamos a súa historia. E fagámolo da man de quen hai anos se encargou da súa musealización, o historiador e antropólogo Manuel Vilar Álvarez, especializado en xestión de bens culturais e patrimonio. Manolo Vilar realizará unha visita guiada ao castelo máis non será só un percorrido pola edificación medieval senón un percorrido pola historia da fortaleza, un percorrido pola nosa historia a través das Torres de Martelo. Será ás 19:00h horas.
O Castelo de Vimianzo ou Torres de Martelo, a quen deben este nome? O marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro, Evaristo Martelo Paumán del Nero, foi o dono desta fortaleza medieval e nela pasaba longas tempadas estivais. Intelectual e literato coetáneo e amigo de Pondal e Rosalía, foi membro da Cova Céltica e da Real Academia Galega, foi un persoeiro que realizou un gran labor a prol da lingua galega e mesmo tivo moito que ver no pensamento e sentimento galeguista de castelao, de quen era padriño. Un persoeiro pouco coñecido e recoñecido para a gran maioría do que nos falará a filóloga e profesora de ensino secundario Laura Suárez Llano, quen no ano 2004 defendeu a tese doutoral, cualificada con sobresaliente cum laude, sobre a poesía galega de Evaristo Martelo. A cita é ás 20 horas na Casa da Cultura.

Cita para os pequenos

Os máis pequenos tamén terán a súa programación na semana do asalto, con obradoiros medievias de elaboración de espadas, escudos, medallóns, etc. o luns, martes e xoves; o mércores animación infantil con Polo correo do vento presentará o espectáculo Martiño o carteiro porquiño chega ao castelo de Vimianzo na biblioteca municipal ás 11 da mañá e a continuación poderán participar no taller de barro “O Castelo”, que comezará ás 12 horas.

Máis información

Novas irmandiñas

Máis novas festivaleiras

Fonte

Comentarios