Corcubión xa pensa no Medievo


Venres 20, sábado 21 e domingo 22 de xullo de 2012. A vila de Corcubión volverá ser tomada polo Medievo trasladándose varios séculos atrás. I é que o Mercado Medieval corcubionés destaca no país pola implicación do pobo, dos veciños de Corcubión e dos pobos colindantes, facendo que a estampa sexa auténtica.

Ducias de postos de artesanía e cantinas, pasarrúas (máis que probable que volvamos ver aos míticos Acribreira), teatro de rúa, espectáculos de cetrería... ata un dragón percorrerá as engalanadas rúas da vila de San Marcos.
E como non, a cita máis importate será a da noite do venres 20 de xullo, co tradicional Desembarco. Aló estará o pobo corcubionés defendéndose, coma tódolos anos dende 1457, das tropas de Rodrigo de Luna, Arzobispado de Santiago.
A cita será na Praia de Quenxe, como o ano pasado, e mesmo haberá "Justa Medieval", unha batalla con cabalos e todo.
Este ano, a organización, ademais da local Asociación Organizadora do Mercado Medieval Costa da Morte, corre a cargo dunha nova compañía Fusión Medieval. Esta, ademais de artellar o Desembarco, será a encargada de traer entre 60 e 80 postos de artesanía, comida... que completarán a 7 cantinas corcubionesas de cada ano.
Cómpre non esquecer a Procesión de fachos, que percorrerá a vila de Corcubión cos axusticiados.
Estaremos atentos ao programa, aínda no forno, pero antes repasamos a febre medieval que invade a Costa da Morte.
O Medievo toma o verán na Costa da Morte
Unha cita, esta do XII Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión, que se compaxina coa Revolta Irmandiña de Vimianzo, e cos mercados mariñeiros de Muros e Muxía, contando ademais con que este ano se amplía a oferta na zona co I Mercado Medieval Mariñeiro de Camariñas, no marco das Festas do Carme.
Máis información
- Facebook do Mercado Medieval Costa da Morte.
- Twitter do Mercado Medieval da Costa da Morte.
- www.mercadomedieval.info.
Novas relacionadas
- O Mercado Medieval de Corcubión xa busca soldados.
- Mercado 2010: As mil caras do X Mercado Medieval Costa da Morte.
- Mercado 2010: Noite de silencio e xantar de xúbilo no Medievo corcubionés.
- Mercado 2010: Reportaxe sobre o Desembarco do Mercado Medieval Costa da Morte: O pobo de Corcubión puido un ano máis coas Tropas do Arzobispo.
Máis novas
- Os Irmandiños xa teñen cartel e actores para Asaltar o Castelo.
- Camariñas convirte as Festa do Carmen nun Mercado Medieval Mariñeiro.
- Muros levou o mar ás súas rúas.
- Muxía, un Mercado Mariñeiro feito na casa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).