A Liga Reumatolóxica Galega recoñece a labor de dúas profesionais costeiras

As costeiras Diana Gándara Simil e Mercedes Freire serán recoñecidas pola Liga Reumatolóxica de Galicia

A Liga Reumatolóxica Galega (LRG) prepara para o vindeiro 10 de outubro a súa tradicional entrega dos Premios Liga con Nós 2020. A celebración será, ás 14:00h, na Casa da Cultura de Corcubión, en homenaxe a dúas das mulleres que serán galardoadas e recoñecidas este ano. A reumatóloga Mercedes Freire e a logopeda e Diana Gándara recibirán sendos agasallos pola súa carreira.

O evento, así como o Concurso de Debuxo que veñen de formular, pretende visibilizar as Enfermidades Reumáticas e Músculo Esqueléticas (ERyMES), que inclúen máis de 200 patologías e que en Galicia afecta a preto do 25% da poboación.

A entidade aposta moito coa celebración deste acto, que terá control de aforos, e no que non van poder estar tod@s @s premiad@s porque “algúns residen en zonas afectadas polo coronavirus”.

Xornadas

O acto de entrega vai no marco nas Xornadas de Reumatoloxía que organizan en Corcubión polo Servizo de Reumatoloxía do CHUAC, en colaboración ca UDC e a Xerencia de Coruña do Sergas. De feito, a entrega dos premios servirá depeche.

Unha das ponentes das xornadas será a propia Doutora Mercedes Freire, reumatóloga no CHUAC. Peor tamén estarán Javier de Toro Santos, Ana Lois Iglesias, Jenaro Graña ou Francisco Blanco García.

Certame

A presidenta da entidade, Ana Vázquez, anima a tod@s @s nen@s do país a participar no certame de debuxo, que ten de prazo ata o 30 de outubro e que servirá para facer un calendario do 2021.

Novas relacionadas