"A logopedia é indispensable"

No medio da marea sanitaria provocada polo coronavirus, hai diferentes patoloxías que quedan sumerxidas no case absoluto esquecemento. Así o comprobamos coa drástica baixada na afluencia de xente en urxencias e centros médicos, ben sexa por medo ou concienciación, feito que deixa a prevención nun preocupante segundo plano.
Outra área sanitaria que estes días é a logopedia. Dende centros hospitalarios ou centros privados, os profesionais da logopedia insisten na necesidade de tomar en serio as patoloxías relacionadas, e formular a posibilidade de pedir axuda para unha mellor recuperación despois do virus. “A logopedia é indispensable”.
Así nolo explica Alba Pérez Paz, ceense e logopeda no instituto de Neurorehabilitacion de Quiron-Saúde en Pontevedra. Ela segue ao pé do cañón dende o primeiro de crise, xunto co equipo de rehabilitación, reducindo as consecuencias de pacientes que con traqueotomias, respiración asistida… ou con persoas que veñen de sufrir ictus, accidentes… e para os que os primeiros meses son esenciais na recuperación.
Sobre a incidencia do covid-19, se ben “aínda non se puideron facer estudos sobre iso, pois obviamente, é unha patología moi recente, pero o que si se sabe é que moitos deles cursan con intubacións prolongadas e estancias en UCI e deses pacientes, si que sabemos que poden xurdir alteracións da deglución, voz, comunicación… para as cales nós poderemos intervir”, apunta
Pero, por outro lado ve como moit@s compañeir@s de clínicas ou centros de logopedia privados, tiveron que pechar, porque ben os usuarios por conta propia ou a través de asociacións non manteñen .
Como está afectando a crise sanitaria á logopedia?
”Por unha banda os logopedas que traballan en asociacións, centros privados, clínicas de atención ambulatoria ou unidades de atención ambulatoria, están nas súas casas, cumprindo o confinamiento e só atendendo urxencias, pois non se considera actividade esencial nin estes centros poden cumprir as medidas de seguridade necesarias, pois entre outros non contan cos medios”, explica. “Estes centros están sufrindo como moitas outras empresas todas as consecuencias económicas, persoais e demais”. Así lle acontece á propia Diana Gándara Simil, natural de Cee e Secretaria do Colexio de Logopedas de Galicia, que está aínda volvendo a reabrir tras case dous meses pechados no seu Centro de rehabilitación logopédica KomuniKate.
Unha situación que nos afecta directamente aos habitantes da comarca, que ficamos orfos de atención logopédica xa que no Hospital Virxe da Xunqueira non hai logopeda e o servizo publico de Galicia é mínimo. “Sería un bo momento para volver suscitalo aos organismos competentes”, apunta. Con todo a outra postura si que está presente, aínda que tamén son poucos, é verdade que na costa exerce algún dos meus compañeiros, de feito a secretaria do colexio de logopedas de Galicia é de Cee, e eles permanecen cos seus centros pechados sufrindo as consecuencias.
Novas propostas
E coma sempre en momentos de crise, nacen iniciativas singulares. “Estan xurdindo iniciativas moi bonitas sobre todo en torno á docencia e a formación, como realizar conferencias online gratuitas para aproveitar este momento para formarse”. A propia Alba impartiu unha sobre “Hipoacusia infantil”, outra das súas especialidades, na plataforma formativa Kursia, onde o primeiro de xuño comeza un curso de 100 horas.
Profesionais sanitarios en tempos de covid-19
- "As sesións de autocoidado deberían ser propostas polo SERGAS”.
- Alicia Barreiro e Silvia Penide unen os sectores sanitario e cultural para lanzar unha mensaxe de esperanza.
- A médica en Baio danos recomendacións de prevención contra o coronavirus.
- O médico de Camelle explica como e cando usar as “mascarillas” caseiras.
- Baixada na afluencia de xente en urxencias e centros médicos: medo ou concienciación?.
- Os profesionais da área sanitaria de Vimianzo cóidanse para coidar.
- As Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian que o Sergas aproveita para precarizar máis a contratación.
- Digna Rodríguez: Unha carta ao Goberno dende unha aldea do rural galego.
- Laura Canosa: Os sentimientos dun 2020 ao outro lado da "mascarilla”.
- Jorge Rodríguez, cardiólogo: "O infarto ten maior mortalidade que o coronavirus e o seu tratamento é moito máis eficaz”.
- Paula Esteiro: Paula Esteiro, de hospitalización a domicilio: “A xente non é consciente de que calquera persoa pode estar contaxiada”.
- Jose Insua, do Centro de Maiores de Fisterra: “Temos que agradecer aos nosos anxos da garda”.
- Enfermeiras do HVdX: “É duro saber que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia” .