Venres. 23.10.2020
El tiempo

“Canto máis axiña se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención temperá poden ser mellores”

Sonia Limés, Inma Giraldez e Inma Fariña, as Profesionais do SAT Costa da Morte
Sonia Limés, Inma Giraldez e Inma Fariña, as Profesionais do SAT Costa da Morte
“Canto máis axiña se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención temperá poden ser mellores”

En menos dun ano, 10 concellos da comarca se puxeron dacordo para conseguir ofrecer un servizo moi necesario. Este pasado mes de agosto comezaba a operar o Servizo de Atención Temperá (SAT) da Costa da Morte. Un servizo dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

O SAT Costa da Morte ten dúas ubicacións, localizadas en Vimianzo e Dumbría pero dan cobertura ás familias de 10 concellos da comarca: Zas, Vimianzo, Mazaricos, Dumbría, Camariñas, Muxía, Cee, Carnota, Corcubión e Fisterra.

O equipo está formado por unha terapeuta ocupacional e psicomotricista que será tamén a coordinadora do equipo, Inmaculada Giráldez; unha psicóloga, Sonia Limés; e unha logopeda Inma Fariña.

Explican que “canto máis axiña se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención profesional poden ser mellores”. De aí que inviten a que as familias que vaian notando que as súas criaturas poden ter necesidades especiais, que contacten co seu pediatra ou o departamento de orientación do centro de ensino, que serán os que deriven á unidade de Atención Temperá.

Teñen moita información neste tríptico informativo que poden descargar, e poden ademais pedir máis información no 696.557.782 ao punto do Ézaro (Pedra Maior, 97) e no 669 514 076 no punto vimiancés (na Avda. Finisterre, 12-1º) ou a través do correo [email protected]

Novas relacionadas

comentarios