Luís Lamela destapa a cara dos verdugos do franquismo na súa nova novela

Xa está nas librarías a nova novela de Luís Lamela. Como non podía ser doutro xeito, o historiador corcubionés volve falar de memoria democrática en “Golpistas e represores. Retratos e memoria histórica de falanxistas galegos” [Ed. Laiovento].

Para Lamela, “os crimes dos falanxistas realizados en Galiza seguen sendo unha das grandes eivas na recuperación da memoria histórica”. Por iso quere poñer de manifesto quen foron os “verdugos que executaron a represión e construíron o Estado franquista”, “escuadróns falanxistas e patrullas da Garda Civil desencadearon o terror na retagarda galega, con detencións, extorsións, violacións e abusos de poder”.

Lamela lembra que “coa chegada da democracia, os represores non renderon contas, e a sociedade optou por esquecer antes que perdoar. Este libro procura e documenta a responsabilidade dos falanxistas na desapiadada represión, identificando e explorando o seu papel na construción do franquismo. A través de biografías e investigacións, saca á luz a historia incómoda dos vitimarios, cuxas accións deixaron unha pegada profunda na sociedade galega e española. Unha necesaria reflexión sobre un pasado que aínda agarda ser comprendido na súa totalidade”.

Máis novas