Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Carnota

Monte Pindo, Espazos da Memoria: O As de Sel

Continuamos aproveitando o proxecto Monte Pindo. Espazos da Memoria, realizado pola compañía costeira Aantena coa colaboración da Deputación, para rescatar a historia dos fuxidos no olimpo celta durante os tempos da guerra civil e a postguerra.

E hoxe rescatamos unha historia de película como é a do As de Sel, da man de Luís Lamela, Xil Caamaño, Modesto García Quintáns e Xoán Rodríguez.

Relatan a historia dun grupo dunha ducia de agochados que, comandados por dous homes chamados o Marrolas e o Catelo, diciriron escapar. Baixaron ata a ribeira, e coa axuda dun mariñeiro colleron unha chalana e se achegaron ata a illa Lobeira Grande. Alí secuestraron un dos mellores barcos da época, o As de Sel, que faenaba pola volta, pararon en Corcubión a repostar e e atravesaron os mares ao acubillo da néboa, ata que foron rescatados por un buque británico e trasladados ao porto de Bristol.

SERIE MONTE PINDO ESPAZOS DA MEMORIA

MÁIS NOVAS

Monte Pindo, Espazos da Memoria: O As de Sel