Luís Lamela saca novo libro: “A investigación máis ampla que se puido facer ata agora sobre a guerrilla de Galiza”
Nova libro de ensaio que lanza Luís Lamela. O historiador corcubionés afincado na Coruña xa recibiu os primeiros exemplares de “A Loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galiza” [Ed. Laiovento]. A semana que vén xa estará nas librarías de todo o país e malia que non lle apaixoan os actos públicos, comezará coa súa xira de presentacións. “Hai que dar a coñecer o traballo”.
Cóntanos que a obra, en clave de ensario, “é a investigación máis ampla que se puido facer ata agora sobre a guerrilla de Galiza. Non é un libro de historia local, senón un relato que recolle a historia de cada un dos escapados que evitaron ir á guerra agochándose no monte, relatando esa historia dos guerrilleiros que resistiron durante anos e anos desafiando á sociedade, ata desaparecer completamente”, explícanos.
“Unha investigación que levou anos”, di, cando seguramente este libro é produto da investigación que leva facendo ao longo de toda a súa vida.
Ao contrario doutros rtaballos anteriores, a obra non é tal local ou comarcal. “Segue a mesma liña das anteriores investigacións, pero esta é máis enfocada a toda Galicia. Aparecen co mesmo tratamento ás historias de Ourense, como as deLugo, Coruña ou Pontevendra, aínda que hai provincias que tiveron máis incidencia naquel tempo na loita guerrilleira”.
Conta Laiovento que a obra trata de “contribuír á creación dunha imaxe máis humana da loita guerrilleira antifranquista, unha imaxe tamén máis equilibrada. Buscábase reflectir algúns datos histórico-biográficos dos personaxes máis relevantes, as escasas biografías daqueles guerrilleiros que poboaron unha historia que se estendeu desde 1936 ata o ano 1965. Eran protagonistas que caían baixo as balas dos seus perseguidores, a implacable Garda Civil, no transcurso daqueles anos tumultuosos”.
Artigos de Luís Lamela en QPC
- Galicia escura, Finista viva: Breve historia do porto de Corcubión.
- Galicia escura, Fisterra viva. Muxía: crónica dunha aspiración.
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariñeiros da ría de Corcubión (1).
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariñeiros da ría de Corcubión (2).
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariños: o “Liberto” e o motín (3).
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariñeiros: o patíbulo (4).
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariñeiros da ría de Corcubión: Ángel Carrera (e 5).
- A represión -e paixón- dos Carabineiros da Costa da Morte.
- Ferroatlántica e o fondo americano TPG.
- Luís Lamela: Ferroatlántica e un novo futuro.