O Desembarco do Mercado Medieval de Corcubión volve ao recheo
03 de maio de 2025 (18:41 h.)
A fin do Apóstolo, Corcubión ten unha cita importante. Os 25, 26 e 27 de xullo, a vila de San Marcos acolle a XXIII edición do Mercado Medieval Costa da Morte.
Así o presentaron onte o grupo organizador (con Jan Lamas, Elisa Lema, Marina Gómez e Iago Coronilla á cabeza) xunto co que foi a alma da festa durante décadas e hoxe é alcalde da vila, Drok.
Presentaron o fermoso deseño do cartel, feito pola artista local @marinamouzo, e avanzaron unha das novidades deste ano: o desembarco, que se celebrará na noite do venres 25, gracias ás mareas, volve ao recheo da praia urbana.