domingo. 04.05.2025
El tiempo

O Desembarco do Mercado Medieval de Corcubión volve ao recheo

FB_IMG_1746289375907
Cartel do Desembarco feito por Marina Mouzo
O Desembarco do Mercado Medieval de Corcubión volve ao recheo

A fin do Apóstolo, Corcubión ten unha cita importante. Os 25, 26 e 27 de xullo, a vila de San Marcos acolle a XXIII edición do Mercado Medieval Costa da Morte.

Así o presentaron onte o grupo organizador (con Jan Lamas, Elisa Lema, Marina Gómez e Iago Coronilla á cabeza) xunto co que foi a alma da festa durante décadas e hoxe é alcalde da vila, Drok.

Presentaron o fermoso deseño do cartel, feito pola artista local @marinamouzo, e avanzaron unha das novidades deste ano: o desembarco, que se celebrará na noite do venres 25, gracias ás mareas, volve ao recheo da praia urbana.

FB_IMG_1746289378760
Cartel do Mercado feito por Marina Mouzo

Comentarios