O pobo de Corcubión salva o Mercado Medieval
Quedou pequena a Capela do Pilar para a reunión convocada arredor do Mercado Medieval de Corcubión. “Sinal das gañas que ten o pobo de que se manteña vivo este Mercado, unha referencia para esta vila pero tamén para toda a Costa da Morte”. Así o valora Jan Lamas, un dos 6 veciñ@s da vila de San Marcos que dan o paso adiante, como “catalizadores” ou “dinamizadores” de darlle forma a esta edición despois da saída da anterior asociación organizadora.
Xunto a Lamas hai un grupo heteroxéneo de persoas formado por Marina Gómez e Elisa Lema (de Farándula Velutina, sempre vencelladas á participación popular do Desemabrco), Adriana Balufo (das Festas do San Pedro ao Mercado sen descanso); Marina Mouzo (artista) e Iago Coronilla. Un grupo de xente, que non comisión, que dá “ese primeiro paso para que se vaian sumando a veciñanza e as asociacións”, esperando que haia xente que despois do Mercado formalicen unha Comisión ou unha Asociación concreta.
En apenas 1 mes, cos gobernos en funcións ata tanto no Concello como na Deputación, intentar facer o traballo dun ano semella complicado. Pero a resposta da veciñanza na reunión de onte dá ás para sacalo adiante. A colaboración da anterior Asociación tamén está axudando para ir sacando traballo adiante e contan con desenvolver a festa na fin de semana do 28, 29 e 30 de xullo. A premura do tempo e a incompatibilidade cun domingo electoral do 23X, provocan que se decidise realizar unha fin de semana máis tarde do tradicional.
Desembarco popular
Unha das propostas máis ben acaecidas é recuperar o Desembarco máis popular, ese no que a xente do pobo é protagonista e figurante da obra. A subvención da Deputación aínda está por aprobar, pero esperan que coa colaboración da corporación saínte e da que sairá previsiblemente no pleno deste venres, esperan que haia novidades moi pronto.
A idea é que sexa na noite do venres 28, coma sempre, aínda sen unha ubicación pechada (podería seguir en Quenxe ou volver á zona do areal central da vila), pero sobre todo contando coa implicación dos veciños.
A partir de aí, un sábado e un domingo cun mercado que sexa o máis divertido e variado posible, pero conscientes das limintacións. “Hai poucos cartos e pouco tempo, polo que non será o mellor mercado pero esperamos a compresión da xente”, sinala Lamas que agradece as mostras de apoio para colaborar no que sexa (economicamente como doazón de particulares e negocios, a coser, a actuar…
Atent@s á nova Páxina de Facebook Mercado Medieval de Corcubión 2023
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 23: A Asociación Organizadora do Mercado Medieval báixase do barco.
- Xaneiro 23: Corcubión busca a catalogación de Festa de Interese Turístico para o Desembarco.
CRÓNICAS DOS MERCADOS
- 2022: O Mercado Medieval de Corcubión cumpliu 20 anos para cambiar de ciclo.
- 2019: O Mercado medieval de Corcubión en imaxes.
- 2019: Corcubión e o seu pobo, por riba das modas medievais.
- 2018: Corcubión volve ao medievo con máis forza ca nunca.
- 2013: O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón.
- 2012: O Mercado Medieval de Corcubión non perde tirón.