O PSdG analizará as novas políticas locais nunhas Xornadas abertas de debate

A Casa da Cultura de Corcubión acollerá os vindeiros días 16, 23 e 30 de novembro unhas novas Xornadas que organiza o PSdG-PSOE da Costa da Morte dirixidas a cargos públicos e cidadanía interesada. As Xornadas levan por título "As repercusións sobre a cidadanía das políticas do goberno central e da Xunta de Galicia" e constarán de varias mesas de debate e análise.

O sábado 16, ás 11:00h, toca mesa sobre "Impostos e taxas locais impostos polo Estado e pola Xunta de Galicia e a súa repercusión na economía da familias". Será Antonio López Díaz, conselleiro do Consello de Contas, catedrático de dereito financeiro e tributario da Universidade de Santiago de Compostela, o poñente, sendo moderada a mesa por Francisco Caamño, Diputado autonómico, exministro de Xusticia e catedrático de dereito constitucional, nunha mesa presentada pola deputada Marisol Soneira.

A Xornada do sábado 23 versa sobre a "Nova Lei de Administración Local e a súa repercusión sobre os cidadáns de concellos pequenos". Os poñentes serán o propio Francisco Caamaño e mais Carmen Gallego portavoz en materia de Asuntos Sociais do Grupo .

E o sábado 20 de novembro, a sesión será sobre "Os recortes nos servizos públicos: educación, sanidade, servizos sociais". Desta volta o protagonista será José Luís Méndez Romeu, portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).