O PSdG analizará as novas políticas locais nunhas Xornadas abertas de debate


O sábado 16, ás 11:00h, toca mesa sobre "Impostos e taxas locais impostos polo Estado e pola Xunta de Galicia e a súa repercusión na economía da familias". Será Antonio López Díaz, conselleiro do Consello de Contas, catedrático de dereito financeiro e tributario da Universidade de Santiago de Compostela, o poñente, sendo moderada a mesa por Francisco Caamño, Diputado autonómico, exministro de Xusticia e catedrático de dereito constitucional, nunha mesa presentada pola deputada Marisol Soneira.
A Xornada do sábado 23 versa sobre a "Nova Lei de Administración Local e a súa repercusión sobre os cidadáns de concellos pequenos". Os poñentes serán o propio Francisco Caamaño e mais Carmen Gallego portavoz en materia de Asuntos Sociais do Grupo .
E o sábado 20 de novembro, a sesión será sobre "Os recortes nos servizos públicos: educación, sanidade, servizos sociais". Desta volta o protagonista será José Luís Méndez Romeu, portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia.
Novas relacionadas
- A Autovía volveu ao Parlamento e terá alomenos 3 anos de retraso.
- Besteiro amósase pola Costa.
- Relevo a medias nos codiciados postos de Deputados.
- Entrevista Fran Caamaño: “Chegarei ata onde a ilusión e os militantes do PSOE queiran”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).