Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Relevo a medias nos codiciados postos de Deputados

Relevo a medias nos codiciados postos de Deputados
Suso Campos Amancia Trillo Daniel Rego e Zaira Rodriguez na loita por un posto de Deputado

Mediada a lexislatura, e PP e PSOE soen renovar os codiciados postos de deputados. I é que falamos dun premio para os políticos de toda Galicia, que unhas veces é outorgado polos méritos, e outras, non tanto.

Xa levantara polémica, mesmo dentro do partido, o nomeamento como deputada pola Costa da Morte de Amancia Trillo, tralos peores resultados da historia do PSOE de Cee, hai apenas 2 anos . En todo caso, este soldo só se comprometeu por 2 anos e a rotación daría á metade de lexislatura o posto a Suso Campos. Precisamente, mañá mércores 31 de xullo, o voceiro carnotán tomará posesión do seu cargo substituíndo a ceense como Deputado Provincial. Un Suso Campos que asegura coller o posto con ilusión e responsabilidade, e sobre todo, "con moitos gañas de traballar" para o seu partido.

E o farán trala primeira actividade coordinada por Campos, que terá lugar esta mesma tarde de martes 30 de xullo, ás 21:30 na Casa da Cultura de Corcubión, cunha reunión co candidato a Secretario Xeral do PSdG, José Ramón Besteiro, que presentará o seu programa ante os afiliados socialistas da bisbarra.

E no PP?

Pero, que pasa con Daniel Rego? O voceiro camariñán tamén tiña concertado co seu partido substituír á alcaldesa ceense, Zaira Rodríguez, como Deputada Provincial pola Costa da Morte a estas mesmas alturas. Pero varias causas veñen de botar abaixo a súa candidatura. O moi bo traballo que a está a desenvolver Zaira Rodríguez na Deputación, así como a súa boa sintonía co presidente Diego Calvo, acompañado polas últimas polémicas surxidas arredor das empresas de Rego, provocaron que o PP decidise non renovar o posto a metade de lexislatura.

A última polémica tivo lugar coa adxudicación do mantemento dos Batáns de Mosquetín e as Torres do Allo. A Deputación, tras adxudicar durante moitosanos e sen concurso os traballos á Asociación Neria, este curso decidiu sacar un concurso público, ao que se presentou a empresa da filla de Rego, Viproga, que xa viña de ter varios problemas no Náutico de Camariñas. A Deputación adxudicou o servizo a Viproga, pero segundo sinalan, non sabían que se trataba dunha empresa vencellada a un voceiro popular. Foi aí cando a Deputación decidiu derogar a adxudicación así como non outorgar o posto a Rego, considerando unha falta de respecto o feito de presentar a empresa a un concurso público.

O voceiro camariñan considera un "atropelo" a súa situación, e afirma que se trata dunha "encerrona" para non facer cumplir a promesa de colocalo como Deputado e manter así a Zaira no posto.

Pola contra, onde si que fan relevo é en Bergantiños, onde o cabanés Perfecto Vázquez deixa o seu posto a Antonio Pensado, alcalde de Coristanco e novo representante do partido xudicial de Carballo.

A terceira pata da Deputación

Xosé Regueira é o deputado da zona de Bergantiños polo BNG

Mentres, no BNG, non está previsto ningún cambio, seguirá o único representante da zona, o carballés Xosé Regueira, pois non temos representante da Costa da Morte. "Non é costume do BNG o acordar reparto de lexislaturas como fai o PP, cando eliximos unha persoa como deputado provincial é para que cumpra a lexislatura, salvo imprevistos ou situacións sobrevidas que llo impidan", coméntanos o responsable Comarcal do BNG de Bergantiños, Xoán M. Sande Muñiz.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios