Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Autovía volveu ao Parlamento e terá alomenos 3 anos de retraso

A Autovía volveu ao Parlamento e terá alomenos 3 anos de retraso
Así de paradas levan as obras da Autovía Costa da Morte dende hai abril de 2012

Volvía ao Parlamento a Autovía da man dunha pregunta de Marisol Soneira, do PSdG. Volvía tras  case dous anos de parálise e despois de coñecer que a concesionaria está en creba. Pero o discurso segue a sendo o mesmo: "que a Autovía estará en funcionamento nesta lexislatura, cando os prazos iniciais sinalaran que estaría en marcha no 2013.

Efectivamente, parece que a intención, aínda que soe a broma, é que  estea lista no 2016, e asegurou que os orzamentos de 2014 prevén 70 millóns de euros para o avance das obras.

A Xunta, iso si, volveu botar balóns fóra asegurando que a parálise chega por "causas alleas", e eningún momento fixeron referencia á posibilidade de  anular o contrato coa concesionaria e asumir un contrato de obra pública, como pediu o BNG.

O Conselleiro sinalou que "os esforzos estanse a centrar" (debería decir, "vanse centrar") "no itinerario entre Carballo e Baio, incluíndo a variante de Baio. Trátase dun tramo de 25 quilómetros, que rexistra o maior volume de tráfico, que equivalen ao 60% do percorrido e daría servizo a un 85% poboación dos cinco concellos máis directamente implicados, entre eles a cabeceira comarcal de Carballo. En definitiva, estase a priorizar o treito máis rendible funcional e socialmente".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios