O pleno de Corcubión volveu pedir que se remate a Autovía e que se elimine a peaxe

Pancarta BNG Corcubion
Pancarta do BNG instalada en Corcubión

Acordo plenario este venres en Corcubión. Unha das mocións presentadas polo BNG requiriou un debate completo, pero saíu aprobada unha moción para instar á Xunta a que remate, "dunha vez", a autovía da Costa da Morte, que leva anos paralizada pola incompetencia do Partido Popular e para que elimine as peaxes na autovía de Carballo a Coruña.


Para o BNG estes factores condicionan moito a vida da veciñanza, que por exemplo, para acudir ao servizo de Cardioloxía á Coruña, por carecer del no hospital de Cee, necesitan 30 euros de combustible e 5 euros de peaxe por día. Ademais púxose sobre a mesa a necesidade de iniciar xa os estudos de viabilidade dun tren de proximidade para a Costa da Morte, a mellora das conexións no transporte público de autobuses e o impulso e execución dun plan de mellora das telecomunicacións e de dixitalización, acelerando a finalización dunha rede de fibra óptica que chegue a todo o rural.

Outras moción

O pleno tamén aprobou moción presentada polo comité de empresa de XEAL en todos os concellos da comarca, no que instan a Xunta e á empresa á cumprir coa legalidade na vinculación das concesións hidráulicas co emprego na comarca, ademais de instar á mediación dos concellos para negociar a aplicación do convenio colectivo de empresa actualizado.

Tamén se aprobou outra que solicitaba instar a todas as administración a impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista no contexto da crise de prezos e do rearme do machismo. A terceira, que tamén saiu aprobada, foi na a defensa do sector pesqueiro ante o último veto da comisión de pesca, que pode ter un impacto anual duns 80 millóns de euros na facturación do sector.

 

En Corcubión, a 25 de outubro de 2022