O Roquiño baixa de volta

Xa está todo Corcubión esperando a súa chegada.  O vindeiro sábado 11 de xullo realizarase de novo a baixada de Roquiño. O parroquiano de San Pedro de Redonda viaxará por todas as aldeas e ao centro do pobo seguindo a filosofía de hai 60-70 anos atrás. Neses tempos íbase a comprar, vender e trocar aos pobos máis cercanos e por iso o gran Roquiño baixará en tractor para convidar a todas as xentes a feira O Saber Sabor da Aldea, que se celebrará o 1 de agosto no campo de San Roque.

Será o sábado 11 a partires das 10:30 da mañá cando se sairá dende o Vilar e se realizará unha volta por toda a parroquia, para acabar chegando a plaza de Corcubión. 

Este ano como novidade Roquiño non viaxará so, xa que irá a presentar o cartel da feira xunto con outro tractor que transportará parte da súa colleita do saber. Este segundo vehículo estará engalolado con debuxos do CEIP Praia de Quenxe e cunha variedade literaria de autores e autoras da contorna. 

 

Máis novas