venres. 01.08.2025
El tiempo

O Roquiño xa ten lista a Feira O Saber Sabor da Aldea

O Roquino do Sabor da Aldea no Mercado Medieval de Corcubion
O Roquiño na Medieval
O Roquiño xa ten lista a Feira O Saber Sabor da Aldea

Despois de baixar ao "pueblo" para o Mercado Medieval, o Roquiño xa está esperando no Campo de San Roque para o seu gran día. O sábado 2 de agosto celébrase a segunda edición da Feira O Saber Sabor da Aldea.

O Sabor da Aldea Corcubion 2025 2
O Sabor da Aldea Corcubion 2025 2

Os veciños e veciñas da parroquia de San pedro de Redonda (Corcubión) xa teñen todo case listo, coas casetas de madeira artesanais preparadas onde a parte de expoñerse parte da ferramenta e produtos típicos da zona de hai 70 anos, tamen estarán varios artesáns.
Os profesionais que se encontrarán na feira son Fernando (cesteiro), José Roberto (artesan de tamboriles e pandeiretas) e Maricarmen (artesa especializada en sombreiros de palla).

Outro dos grandes atractivos dese día será a comida típica. Non faltarán as sardiñas, empanadas, churrasco e xamón, e por suposto o café de pota.

E para os máis larpeiros tamén estarán presentes as filloas e follados con touciño elaboradas pola Asociación Filloas da pedra da Baña, ademais de contar con Granxa Moreira de Frixe e os seus xa famosos xeados e iogures quilómetro cero que tanto éxito tiveron o ano pasado.

Dende as tres asociacións da parroquia de San Pedro de Redonda agradecen a todos os nomeados a súa participación e ilusión na segunda edición desta Feira tan importante para o sentimento de todas as aldeas.

O Sabor da Aldea Corcubion 2025

Máis novas da Feira

Comentarios