A Redonda volve poñer en marcha a roda dos muíños de Quenxe
Despois dun inverno pasado por auga, onde era imposible meterlle man aos nosos regatos, as tres asociacións parroquiais de San Pedro de Redonda (AAVV Lugar de Quenxe, San Roque e de San Pedro de Redonda) queren volver a poñer en marcha o proxecto "Á corrente dos muiños", un traballo interxeracional que conseguirá restaurar un dos muiños de Quenxe.
Este pasado luns mantiveron unha xuntanza coa directiva do CEIP Praia de Quenxe no colexio corcubionés nun encontro no que tamén estiveron presentes o historiador Luis Lamela, a mestra Ana Isabel García como representación do IES Agra de Raíces e varios veciños e veciñas.
Os pequeños e maiores volverán poñerse mans á obra para realizar o traballo de restauración conxuntamente poñendo en valor a importancia do saber, a nosa cultura e o valor do común.
No citado día os parroquianos poideron expoñer parte da súa vivenza no muiño de Quenxe para que así o gran Luís Lamela complete, coas historias pasadas e o traballo actual, o libro que está a facer sobre este proxecto. Ademais, asentáronse os seguintes pasos da restauración onde tamén participarán os alumnos e alumnas do IES Agra de Raíces.
Dende as tres asociacións están moi satisfeitos pola acollida do proxecto a nivel veciñal e a participación dos centros educativos, sobre todo por ser unha actividade que esperta tantas ilusións independentemente da idade e xeración.



