A Feira O Sabor Saber da Aldea achégase ao cole nunha xornada interxeracional
Implicadísima está a veciñanza da parroquia da Redonda co proxecto O Saber Sabor da Aldea. Este verán celebraron, con rotundo éxito, a primeira feira aberta, dándolle unha nova vida ás ferramentas e poñendo en valor o traballo do mundo rural. Este outono/inverno, a veciñanza non vai esperar para seguir dándolle vida, e as tres asociacións veciñais da parroquia corcubionesa de San Pedro de Redonda (AAVV Lugar de Quenxe, San Roque e San Pedro de Redonda) inician un orixinal e novedoso proxecto: A Feira achégase ao Cole.
Este, seguindo a filosofía da exitosa feira, contará con duas fases. A primeira delas levarase a cabo este vindeiro venres 15 de novembro, no CEIP Praia de Quenxe, coa colaboración da ANPA ALÉN e a dirección do centro.
Durante toda a mañá, estarán expostas distintas ferramentas aptas para a interacción cos rapaces, como por exemplo, arados de madeira, tractores, potes ou señas. Ademáis, coma é típico nesta estación, amosarase o proceso do millo, dende a súa colleita ata a moenda. Para elo, levaranse pallotes con espigas para ensinar aos rapaces a esbollar obtendo as espigas que se levarán a maquina de debullar. Logo, os grans de millo pasarán a unha moa de man que manexarán todos os alumnos e alumnas, aprendendo así como é a transición do millo a fariña.
En todo momento os nenos e nenas estarán acompañados por gran parte da parroquia de San Pedro de Redonda, logrando así un punto de encontro entre diferentes xeracións. Todo co obxectivo de traspasar parte dos coñecementos e experiencias aos mais cativos e manter viva a nosa cultura e tradicións, amosando o pasado e o presente das nosas aldeas ao noso futuro.
Ademais da exposición de ferramentas, tamén se amosarán os diferentes productos que se seguen plantando na parroquia como son os allos, as nabizas (cas que poderán facer mañojos), patacas e froitas. Parte destes productos estarán dentro dunha caseta idéntica as construidas na feira O Saber Sabor da Aldea. Será neste espazo onde se levará a cabo outra das actividades: "o trueque". Este consistirá no intercambio de debuxos por hortalizas ou froitas, dando así un valor tanto aos productos da nosa terra como ao traballo e esforzo de todos e todas, grandes e pequenos. Os debuxos que se recollan serán expostos na segunda edición do Saber Sabor da Aldea en San Roque.
Rematando a xornada, todos os rapaces poderán degustar pratos típicos feitos cos productos parroquiais e co mimo e toda a ilusión dos veciños e veciñas. Serán eles os encargados de preparar filloas, tortillas, empanadas, membrillos, pan de ovo, cocas, mel, broa e tartas de mazán. Ao seu carón encontrarase Granxa Moreira cos seus productos lacteos Km 0, como iogures e leite, os cales, ademais de ter unha calidade exquisita sempre son unha garantía de boas prácticas e cariño.
A segunda fase do proxecto, que levará o nome de O Cole achégase á Feira, levarase a cabo a partires de marzo, coa colaboración de Amigos do Camiño. Consistirá nunha excursión do CEIP Praia de Quenxe ás aldeas de San Pedro de Redonda, onde os nenos poderán ver becerros, cómo se muxen as vacas, as plantacións dos productos expostos na primeira fase e incluso os auténticos cabaneis que seguen intactos na parroquia. Rematarán a visita coñecendo o Albergue de San Roque e desfrutando dunha pequena recreación da feira O Saber Sabor da Aldea no mesmo campo.