Un obradoiro de xoguetes contra a Violencia de Xénero
Móvese a Costa da Morte co tema da muller. Eso parece claro. Aí está a continua iniciativa da >Galería das Mulleres de Muxía, o concurso de carteis contra a Violencia de Xénero do Concello de Cee, as manifestacións de cada 8 de marzo e cada 25 de novembro... E precisamente de cara a este 25N, Día internacional contra a Violencia de Xénero, ademais das accións da Buserana baixo o lema "Nen unha máis", teremos máis citas reivindicativas-educativas.
Así, a Universidade Popular de Corcubión vai organizar un obradoiro destinado a nen@s de primaria porque considera que é fundamental a “educación en igualdade” para rematar con esta lacra que sofren moitas mulleres. O obradoiro estará centrado nos xoguetes, fundamentáis na idade infantil, e que a nosa sociedade segue empeñada en repartilos por roles sexistas.
O obradoiro terá lugar o vindeiro luns día 25 na casa da cultura de Corcubión en horario de 18:00 a 19:30h. Está dirixido a nen@s de 6 a 10 anos e hai un límite de 20 plazas. Para inscribirse no obradoiro deben chamar ao tlf. 672017749 ou ben enviando un email a: universidadecorcubion@gmail.com.
Máis actividades dende o Concello
Ademais bo día a Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Corcubión, levará a cabo no CEIP Praia de Quenxe, o vindeiro 22 de novembro, a actividade "O XÉNERO TAMÉN CONTA". Este obradoiro, destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, consistente nun contacontos e elaboración de chapas e marcapáxinas e ten como finalidade, introducir e fortalecer actitudes e mentalidades entre o alumnado, que lles fagan asumir progresivamente a igualdade real entre mulleres e homes como medio para erradicar a violencia.
Novas relacionadas
- 25N: Nen unha máis.
- Cee busca o eu cartel contra a Violencia de Xénero.
- A escultora francesa Camille Claudel chega á Costa a través da Galería Mulleres.
- Muxía e Dumbría únense para promover a igualdade.
- 8 de marzo de 2013: A Costa da Morte demostrou que o feminismo non está en crise.
- 25N de 2012: A Costa da Morte celebra un 25N en contra do cómplice silencio.
- 25N de 2012: 25N sen silencio: Curtas que non calan.
- A mocidade muxián lanza os seus vídeos pola Igualdade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).