Martes. 19.03.2024
El tiempo

A escultora francesa Camille Claudel chega á Costa a través da Galería Mulleres

A escultora francesa Camille Claudel chega á Costa a través da Galería Mulleres
Galeria Mulleres Muxia-Camille Claudel

Segue a Galería Mulleres de Muxía fomentando a nosa cultura a base de nomes. Nomes femininos, como o da escultora francesa Camille Claudel (Fère-en-Tardenois (Aisne) 1864- Montdevergues (Vaucluse)1943), que nos serve para seguir aprendendo o importante papel da muller na nosa sociedade.

Esta moza de ollos tristes é unha das máis xeniais escultoras de tódolos tempos, protagoniza o mes de novembro de 2013 da Galería muxiá. Vítima dunha sociedade misóxina, dunha familia cruel e dun amor destructivo para ela: o escultor Auguste Rodin.

Cun talento innato dende nena, entra no obradoiro de Auguste Rodin á idade de 20 anos, e axiña faise amante del. Pero o carácter promiscuo e déspota do seu amante causoulle moito sofremento. Traballa con Rodin en “As portas do Inferno” e “Os burgueses de Calais”. E chega un momento no que no obradoiro tarballaban de igual a igual, compartindo obras, pero fóra era a amante do escultor.

Éralle imposible levar a súa carreira independente da de Rodin, a pesares de que expuxo en galerías e rebiu algúns encargos oficiais.. E ela quería que a súa obra fora valorada. Camille deixou escrito que Rodin aproveitabase dela presentando como propias obras producto do seu talento menospreciado. Nas súas relacións as cousas non ian mellor. Rodin mantiña outra relación con Rose Beuret. E a pesares das promesas nunca deixou a Rose. .Camille abandonou a Rodin, pechándose no seu propio estudio e na súa soedade.

En 1913 foi ingresada pola familia nun psiquiátrico próximo a París, privada de todo, mesmo da súa arte. Cando mellorou, a súa nai non quixo recollela de novo na casa, a pesares dos consellos médicos. Na súa morte, ninguén a reclamou, foi soterrada nunha fosa común.

Imprescindible ver obras como Sakuntala, Clotho, Les causeuses , La vague ou L´âge mûr.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios