A coristanquesa Loli España e o carballés Josecho González levan a súa obra a Madrid

Unha das obras de Loli España

Loli España e Josecho González forman parte dunha exposición colectiva en Madrid. A colaborativa, activa e social artista de Coristanco, e máis o artista carballés participan na exposición do colectivo Galeoska "Galicia Terra do Atlántico que está na Casa Galicia de Madrid ata o 1 de decembro.

Xunto a esla expoñen tamén artistas como Sergio Ribeiro (Lisboa, 1962), Carmela Taboada (Santiago de Compostela, 1965), Fernando Cobo, Olalla Buceta, Lola San, Tania Ulloa Sousa  (A Coruña 1961), ou Martina Bugallo.