sábado. 18.07.2026
El tiempo

Últimos pasos da avaliación ambiental do Polígono empresarial de Coristanco

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO  SAN LÁZARO  10,30 h.-            A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reunirase co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose. Na sala de xuntas. SÓ GRÁFICOS.  foto xoán crespo CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO  SAN LÁZARO  10,30 h.-            A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reunirase co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose. Na sala de xuntas. SÓ GRÁFICOS.  foto xoán crespo
Últimos pasos da avaliación ambiental do Polígono empresarial de Coristanco

O Concello de Coristanco e a Xunta analizaron esta mañá os últimos pasos dados no marco da avaliación de impacto
ambiental simplificada do futuro parque empresarial do municipio, cuxo proxecto de desenvolvemento e urbanización está a tramitar o seu departamento.

En concreto, a responsable autonómica informou ao rexedor de que a comezos deste mes de xullo finalizou o período de participación pública vencellado ao trámite ambiental e que esta mesma semana a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade recibiu o último informe pendente por parte dos organismos consultados.

Unha vez recompilada e revisada toda a documentación, trasladoulle que o seguinte paso será a emisión do correspondente informe de impacto ambiental, para o que ten un prazo máximo de tres meses e co que o seu departamento porá fin á tramitación do proxecto.

Ademais, en relación aos servizos relacionados coa auga, analizaron as necesidades que o Goberno local considera actualmente prioritarias, sobre todo no que respecta ao sistema de depuración en varios núcleos do concello e ás infraestruturas hidráulicas coas que cre que se lles podería dar unha solución.
Neste sentido, o alcalde comprometeuse a remitir o antes posible o proxecto municipal para a construción dunha EDAR para tratar as augas residuais de varios núcleos lindantes ao carón do parque empresarial para que Augas de Galicia o supervise tecnicamente.

Comentarios