Luns. 29.04.2024
El tiempo

O artista carballés Josecho González muda as tonalidades das paredes de Stoupa

Josecho González na Galeria Stoupa
Josecho González coa súa obra na Galería Stoupa
O artista carballés Josecho González muda as tonalidades das paredes de Stoupa


Chega o outono e, como coa estación, as paredes de Stoupa mudan a novas tonalidades e experiencias. Ata o 28 de novembro poderase visitar na galería de ceense a exposición que leva por título 'Ardora' do artista carballés Josecho González.

Nesta ocasión a pedra angular do tema será o Mar de Ardora, ese fenómeno luminoso do noso mar estival que puxo a comarca nos noticieiros de todo o país.

Begoña González, a responsable da galería, explícanos a exposición: "A obra do coñecido artista Josecho González, trasládanos unha orixinal serie Brétemas formada por 14 obras, máis frías pero igual de hipnóticas, aínda que se manteña fiel ao seu estilo particular, configurada a modo engrenaxe coa superposición de volumes xeométricos e o uso dunha paleta constrinxida, marca un cambio de paradigma en canto ao que sensorialmente refírese. 
Josecho mostra as diferentes formas en acrílicos sobre lenzos e papel, xogando coa disposición, o tamaño dos soportes e os perfís cromáticos. Reduce o seu rango visual a unha paleta na que conxuga tres colores pouco saturados que comulgan xerando un conxunto sereno e potente. 
Concédenos nesta exposición, que se poderá visitar ata o 28 de novembro, a confirmación da verdadeira sensibilidade da arte abstracto, o complexo a través do sinxelo e, por suposto, unha homenaxe artística cargada do espírito das nosas costas".

Máis novas de Stoupa

Comentarios