O carballés Josecho González inaugura a súa nova exposición no Pazo da Cultura

Este xoves 2 ás 20.00h inaugúrase no andar -1 do Pazo da Cultura, a exposición Xeometrías, do artista carballés Josecho González (Carballo 1969).
Actualmente desenvolve o seu traballo pictórico en Carballo onde reside e ten o seu estudio, onde está a traballar en formatos máis grandes en lenzo, complicando as súas estruturas e incluido as superposicións de pezas xeometricas nas novas obras, sen abandoar o papel para otros formatos.
Como vemos, a súa obra está baseada na abstracción xeométrica, co uso distintas formas xeométricas, organizadas de manera lóxica, mostrando unhas pezas cheas de cor como tema principal para compoñer o cadro, dándolle ritmo e movemento. Creando así unha harmoniosa conxugación de plasticidade, cromatismo e forza formal.
Ten exposto por toda Galicia, ou en lugares como Braga e ou a galería DaysAre de Porto (Portugal) 2021. Ademais da participación nalgunhas Bienais de carácter internacional como a de Arte no Morrazo (Cangas) 2019 e como a de Art in Lima (Ponte de Lima) no 2021 e 2022 nas que foi seleccionado como finalista.
Tamén participou Internacionais como Expo4Art 2022 e Metamorphose 2022 en París.
Podedes seguilo no IG @josecho_pinceladas/.